Ficha del artículo
×
Maleta "Do berce á lúa"
Maleta "De la cuna a la luna"
Autor/a:
RUBIO HERRERO, ANTONIO
Editorial:
Ref: 978-84-1343-420-9
Do berce á lúa fai 20 anos e para celebralo poñemos á disposición de lectoras e lectores unha maleta exclusiva ilustrada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferi...
Colección:
Cartón duro
Plazo de entrega estimado:
De 24 a 48 horas
Datos del artículo
Materia:
LIBROS-Bebés-001
Sinopsis
Maleta "Do berce á lúa". Do berce á lúa fai 20 anos e para celebralo poñemos á disposición de lectoras e lectores unha maleta exclusiva ilustrada por Óscar Villán para transportar e compartir os libros preferidos dos máis pequenos. Un formato ideal para regalar ou para quen accede por primeira vez a esta colección, que é xa todo un referente da LIX para as primeiras idades.
Lúa , Animais e Bebé conforman o contido da maleta que se completa con Limón e Flores , as dúas últimas novidades publicadas recentemente. Unha selección de cinco obras imprescindibles que, como o resto da colección, se apoian nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, verso e retrouso, acumulación...) e en imaxes recoñecibles sobre fondos claros para contribuír a iniciar o camiño da prelectura de nenos e nenas.
Cada exemplar de Do berce á lúa é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.
Materia:
LIBROS-Bebés-001