¿Eres cliente?

Introduce tus datos de acceso


 

¿Eres nuevo? Haz clic. aquí

¿Eres cliente?

Introduce tus datos de acceso


 

¿No eres cliente?

Contacta con nosotros..

Ficha del artículo

O Corpo de Cristo

O Corpo de Cristo

Autor/a: Bea Lema
Editorial: ASTIBERRI
Ref: 978-84-10-33224-9
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co p...
Colección: Sillón Orejero
21,00 €
No disponible
Datos del artículo
ISBN:
978-84-10-33224-9
EAN:
9788410332249
Fecha:
03/04/2025
Medidas:
170x233 mm
Páginas:
184
Materia:
LIBROS-Cómic-020
Año:
2025
Peso:
0 gr
Sinopsis
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas. Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica. A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados . Así mesmo, sinalou que é unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante . Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo . O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic: Premio Nacional de Cómic de España – Gañadora 2024 Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024 Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024 Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024 Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024 Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024 Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côté d Azur - Short-list 2024-2025 Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 – Gañadora 2024 Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 – Nominada 2024 Premio Artémisia - Nominada 2024 Premio Première vague BD / Librairie l esprit large - Nominada 2024 Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023 Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.
ISBN:
978-84-10-33224-9
EAN:
9788410332249
Fecha:
03/04/2025
Idioma:
Medidas:
170x233 mm
Páginas:
184
Materia:
LIBROS-Cómic-020
Año:
2025
Peso:
0 gr
Te puede interesar

Lema, Bea
No disponible
   21,00 €
PUJOL, ROMAIN
Disponible
   11,00 €
SMITH, JEFF
No disponible
   16,00 €
Sapin, Mathieu
No disponible
   18,00 €
de Castro, Javi
No disponible
   11,00 €
PUJOL, ROMAIN
No disponible
   11,00 €
Roca, Paco
No disponible
   25,00 €
WATTERSON, BILL
No disponible
   29,00 €
PUJOL, ROMAIN
No disponible
   10,00 €
PUJOL, ROMAIN
No disponible
   10,00 €
Castrée, Geneviève
No disponible
   18,00 €
PUJOL, ROMAIN
No disponible
   10,00 €
Ferreyra, Lucas
No disponible
   24,00 €
;CAUT, VINCENT
Disponible
   11,00 €
MARK, JOSEPHINE
No disponible
   22,00 €
ROMERO, MARTÍN
No disponible
   14,00 €
ROMERO, MARTÍN
No disponible
   14,00 €
Munuera, José Luis
Disponible
   20,00 €
WATTERSON, BILL
Disponible
   29,00 €
CLARKE, ÉMILIE
Disponible
   18,00 €
ÁLVAREZ, LORENA
Disponible
   13,00 €
MAZÉ, LÉA
Disponible
   18,00 €
MAZÉ, LÉA
Disponible
   18,00 €
Soler, Sara
No disponible
   18,00 €
Ministerio Cultura

Este proyecto ha recibido una ayuda del Ministerio de Cultura y Deporte.

0.0.0.0.0 6 1 esp Buscando